Etiquetas

miércoles, 25 de febrero de 2015

QUE VIVA O ROCK AND ROLL


Gústavos o rock and roll? Sabedes quen era Elvis Presley ? Seguro que os vosos pais e nais acordaranse...
Pois foi un famosísimo cantante estadounidense do S.XX, ao que lle chamaban "O rei do rock"
Tiña unha voz moi peculiar e as súas cancións son moi famosas.

Este trimestre tocounos aprender unha canción súa na clase de inglés.

      BLUE SUEDE SHOES

Tamén preparamos  unhas guitarras e unhas pelucas para disfrazarnos da famosa estrela do rock.

Por certo: estrela é unha palabra polisémica Yeah!!!!









Encendendo guitarras...en 3...2...1...toca rockandrolear!!!!  Fai click na imaxe de abaixo...






martes, 24 de febrero de 2015

24 FEBREIRO: VAI POR TI ROSALÍA







Hoxe homenaxeamos a Rosalía de Castro, ilustrando a segunda parte dun dos seus poemas máis coñecidos: HAS DE CANTAR

E pegaremos as nosas ilustracións nun fermoso mural.





                                                           



sábado, 21 de febrero de 2015

A MOCHILA VIAXEIRA MARCHA CON NOELIA



               
                         Esta vez tócalle a Noelia levar a mochila para súa casa. Desfrutaa moito e léelle contos á túa irmá pequena.
                                           
                                                       A lectura diaria é moi necesaria.

ENTROIDO CO DR.FLEMING E XAROPE DE PENICILINA


Na semana do entroido decoramos a  aula e o corredor con máscaras e volvemos a tunear o noso marabilloso castelo.
Trouxemos posto cada día perrucas, colares, mandís, e garabatas moi guapas.
O día grande, o venres 13 de febreiro tocou disfrazarnos de doutores e doutoras Fleming. Viñemos con fondo de roupa oscuro e vestimos chaqueta azul marino, camisa branca, paxariña vermella e gafas. Logo pasamos pola perruquería do Progreso para poñer o pelo branco.

Fixemos o desfile no pabillón por mor do mal tempo que fixo ese día, pero pasámolo pipa.
Tamén celebramos na aula o Día de S.Valentín cuns corazóns con vocabulario sobre as emocións.





Eu quería ó entroido
coma un irmán verdadeiro,
agora xa non o quero
que me chaman entroideiro!!



Co XAROPE de PENICILINA


Happy Valentines´s Day 

                                                                                                            

Agardando para o desfile

                                   
      
                                            
                                                    Desfilando no pabillón.
        Todos os Dr.Fleming xuntiños

OS EUROS: MONEDAS E BILLETES

Xa estamos traballando coas monedas. Toca coñecer ben todos os billetes de euro e monedas, aprender a sumar e restar euros e facer problemiñas.

Para practicar aquí tedes un enlace a unha  CAIXA REXISTRADORA



Necesitarás lapis e papel para facer algunhas operacións...