Etiquetas

martes, 10 de marzo de 2015

ELEMENTOS DA PAISAXE



Neste curso,en ciencias sociais,aprendemos os diferentes tipos de paisaxes,coas súas formas de relevo.
Catoira está situada na desembocadura do río Ulla, na marxe esquerda, xa case na ría de Arousa.
Aparte das Torres do Oeste (elementos humanos) temos un paseo fluvial e unha fermosa  lagoa que se chama Lagoa de Pedras Miudas, que antigamente foi unha canteira.


Vista desde a ponte do AVE



Lagoa de Pedras Miudas





lunes, 9 de marzo de 2015

TRABALLANDO NO INVERNADEIRO

Este curso temos no cole un fantástico invernadeiro. O mércores día 5 tocounos a nós ir traballar un pouquiño. Levamos pebidas de cabaza para plantar, arrincamos as malas herbas, miramos os cultivos que xa están nacidos ( leitugas, chícharos, cebolas...) e antes de machar regamos un pouco todo.

Foi xenial!!




María José Rodríguez de Slidely by Slidely Slideshow

APRENDENDO SOBRE A RECICLAXE

Ti reciclas? Onde botarías un cepillo de dentes que xa non serve? 

Hoxe, despois deo recreo asistimos a unha charla sobre a reciclaxe, que viñeron impartir uns monitores de SOGAMA: Sociedade Galega de Medio Ambiente.
Aprendemos a separar os residúos e a que contedor botalos. O que máis nos gustou foi Mr.Iglú, para botar os envases de vidro.



Ao final, regaláronnos uns folletos para coñecer os distintos contedores, unha pulsera, un pequeno libro de actividades moi interesantes sobre a reciclaxe e un lapiceiro en forma de contedor amarelo.




Un cepillo de dentes usado vai para o contedor verde...pois non é un envase...lección aprendida!!


A MOCHILA VIAXEIRA VISITOU A CASA DE SARA

A nosa compañeira Sara tivo estes últimos días unha invitada especial: a mochila viaxeira!!
Gustoulles moito a toda a familia, e despois de cubrir a enquisa, Sara fixo un debuxo do logo da revista National Geographic KIDS.

Coñecer o mundo animal éche moi interesante!!





martes, 3 de marzo de 2015

VISIT BIG BEN

Hoxe fixemos unha visita virtual á Londres coa profe Emily, a nosa auxiliar de conversa. Vimos un vídeo sobre o Big Ben e degustamos un postre típico que se toma alí á hora do té.






Chámase short bread...é unha especie de pan doce feito con fariña, azucre e mantequilla.
Delicious!!!

Se queres subir ao Big Ben preme na imaxe de abaixo... 


                                            https://www.youtube.com/watch?v=-w6tK4jCH6w





lunes, 2 de marzo de 2015

QUÉ HORA É?

Comezamos o mes de marzo aprendendo o reloxo e o calendario.









Tamén fixemos un reloxo propio para aprender as horas:






Para practicar preme na nosa foto...