Etiquetas

miércoles, 26 de noviembre de 2014

TABOAS DE MULTIPLICAR

Xa estamos metidos de cheo na multiplicación. Aquí tedes o cartel dos términos da multiplicación.




Sabedes que significa a expresión "saber algo ao dedillo"? Pois significa sabelo moi ben, sen cometer errores. Para ser especialistas en multiplicacións teredes que ter moi ben aprendidas todas as táboas de multiplicar.
Podedes practicar na seguinte páxina web Tablas de Multiplicar


sábado, 22 de noviembre de 2014

PREPARANDO CALENDARIO 2015: A MEDICINA

CONCERTO DA ESCOLA DE MUSICA

O 22 de Novembro é o Día Internacional da Música.
Para celebralo, os alumnos da Escola de Música de Catoira ofrecéronnos un concerto na biblioteca do cole, en homenaxe a Sta.Icía, patrona dos músicos. Os nosos compañeiros interpretaron cos seus instrumentos varias bandas sonoras de películas famosas. Entre elas estaban as películas de Disney: Hércules, A bela e a bestia, Aladdin...e outras coma Bailando con Lobos, Star Wars e Harry Potter. 
Nos fomos a velo no primeiro turno, de 10.00 a 11:30. 
Gustounos moito recordar a música e algunhas imáxes desas películas tan entrañables. 



Programa Musical Disney 


Preparándonos para desfrutar da música das nosas pelis favoritas.

                                                                         

A MOCHILA VIAXEIRA VAISE CON SABELA G.

Onte a nosa mochila viaxeira marchou para a casa de Sabela García. Esperamos que desfrutedes toda a familia este lote de lecturas variadas. Seguro que serán quince días fantásticos!!!



lunes, 17 de noviembre de 2014

APRENDENDO INGLES COS BEATLES


Gústavos a música? A nós moito, sobre todo aprender cancións novas.
Na clase de inglés, estivemos practicando un tema dos Beatles, "Can´t buy me love". Esta canción foi estrenada no ano 1964, e chegou a número un en moitas listas.
Estes son os Beatles:



 Aquí estamos probando a nosa versión 50 anos despois...


Para ver o noso vídeo fai click aquí


Agora tócalle aos compis de 3º A...la la la


Para ver o noso vídeo fai click aquí 


A profe Noela acompañounos a todos co seu ukelele...yeah!! 

Thank you, teacher!!!







lunes, 10 de noviembre de 2014

FONDO LECTOR

Esté é un programa para mellorar a lectura comprensiva en lingua castelá. Pódese xogar en dous niveis: nivel básico e intermedio.Tedes actividades variadas, desde ordenar as palabras dunha oración ata vocabulario de sinónimos e antónimos.

viernes, 7 de noviembre de 2014

A MOCHILA VIAXEIRA VAISE CON ALEX

Hoxe a mochila viaxou para a casa de Alex. A desfrutar da lectura en family...Bo proveito,  lector !!



jueves, 6 de noviembre de 2014

ESTAMOS DE MAGOSTO

BENVIDO NOVEMBRO

O día 7 de novembro celebraremos o magosto no noso cole. Xuntaremos todas as castañas e a leña que traeremos e despois de asalas degustaremos este froito tan rico.


APRENDE 

A castaña ten unha maña,
que se vai con quen a apaña.

Polo San Martiño, trompos ao camiño.

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ó chamosco
que me cheiran ó chamosco
ai lalelo a lalalo.




Fai click nos enlaces de abaixo e atoparás unhas actividades moi saborosas...

RICAS CASTAÑAS

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Estas son algunhas das imaxes da nosa festa:



Castañas con maña...



                                                    Degustación... 





                                                    Magosto 2014 

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración, a Xosé, o conserxe, por asalas e aos alumnos da ESO por vir a repartilas. Estaban saborosas!!!








A DANZA DOS ESQUELETOS

Sabedes o que é unha curta de animación?

Aquí tedes unha de DISNEY do ano 1929: O BAILE DO ESQUELETO.





E para repasar o que levamos aprendido de lingua, unhas actividades terroríficas...So tedes que descargar e mans á obra...


                                  

lunes, 3 de noviembre de 2014

SAMAIN / HALLOWEEN 2014

Chegou o outono, e con el as castañas, as cabazas, as augas e os tempos escuros,remata o verán,vaise a calor e chega o frío e os momentos de poñerse a carón do lume: son os tempos do SAMAÍN.

ORIXE DA FESTA

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. 
De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:coma o Samaín, que significaba a fin do verán e a chegada do outono: a estación sombría.
O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

E curioso que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.


 FENÓMENO CULTURAL INTERNACIONAL

Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a Galicia.

É sen dúbida a festa de Hallowen o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta adiante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil.

No Hallowen, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e argallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo. Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante.

Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do Halloween, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.


CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO NOSO COLE


Para conmemorar esta festa enchemos os corredores dos edificios con cabazas decoradas, disfrazámonos e facemos degustación de postres terroríficos. Tamén aprendemos cousiñas sobre a orixe da festa e algún poema interesante: 


MISS BRUXA 

Para ser bruxa fermosa
debes cheirar sempre a allo,
ter a cara verdosa
e os pelos de estropallo.
Ser osuda e orelluda
e lucir no nariz
unha verruga peluda
longa coma unha lombriz.
Ter un único dente
e unha enorme chepa
falar con voz estridente 
e viaxar en vasoira.
Se ademais de todo isto
vistes sempre de escuro
e vives en sitio cheirento
serás Miss Bruxa seguro.

Este é o noso álbum do Samaín


              

          As nosas cabazas coa xefa vikinga...
                                           

           
           Caveira comestible...


          
           Tarta terrorífica 


           
           Biscoito de cabaza


           
            Pastel de cabaza 


         
       Chocopastelazo


         
      Boo!!!


        
      Dedos para roer...


                  
     Biscuits!!



          
        Pantasmas 


                                 
                Trick or treat!!! Sweets!!!


           
     Chuches terroríficas!!



            
          Disfraces que meten medo!!



           
                                         No castelo encantado... 



         
    Samaín na aula...



        
       Coa profe Noela e a pantasma da pizarra dixital




        
     Coa profe Mª José  BOO !!


           
                                  Ata o próximo Samaín!!!


Vaia o noso agradecemento ás familias pola súa colaboración e sobre todo ás nais cociñeiras por preparar con tanto amor estes saborosos postres terroríficos...
Un aplauso para elas!!!

O día 31 participamos na Procesión das Caveiras, recorrendo o concello e realizando unha serie de actividades en torno a esta festa típica. Un Samaín que mete medo!!!!










ESTRENAMOS MOCHILA VIAXEIRA

Ola amigos: un curso máis sae a mochila viaxeira para as casas, con lecturas interesantes e divertidas para toda a familia. O día 24 de outubro viaxou para a casa de Alberto. Un mix de libros, revista e DVD, xunto cun caderno para cubrir unha enquisa e tamén facer un debuxo sobre o que máis nos gustou.
Neste curso botará unha quincena en cada fogar para que teñamos tempo para desfrutar dela.

Estas son algunhas das nosas opinións sobre a lectura:

Leo porque...

  • Hai libros moi interesantes. (Tania, Daniela)
  • Con práctica aprendes ben a ler. (Paula)
  • Aprendes a non cometer faltas de ortografía. (Jorge)
  • É interesante e o tempo pasa voando. ( Sabela G.)
  • Aprendes moitas cousas. (Sara, Alejandro G, Antía)
  • É divertido. (Alejandro G.T., Sofía, Noelia, Alex, Julián) 
  • Apréndese moito sobre a vida. (Nicolás) 
  • É unha estupenda maneira de pasar o tempo. (Alberto)
  • Coñecerás moitas historias. (Sabela I.)
  • Ler é navegar nun océano de coñecementos ( Mª José R.)



Mochileiros lectores 


 Alberto coa mochila viaxeira



domingo, 2 de noviembre de 2014

COCIÑANDO CON ALEGRÍA

O día 15 de outubro tivemos a primeira clase de cociña deste curso coa profe Mari Carmen. Como aínda facía calor, elaboramos uns postres refrescantes e vitaminados. Por suposto, con mans limpias, gorros e mandís, porque a hixiene é imprescindible sempre, e máis aínda na cociña e no comedor.
Elaboramos unhas palmeras tropicais con froita e uns osos divertidos con pan de molde,pasas,un pouco de nocilla e plátano. BO PROVEITO!!

Cocinando alegrías 

Promoviendo la cocina 
y los nuevos cocineros,
que cocinan con cariño
¡Qué cocinan con esmero!
Que viva el arte del cocinero.
Por los platos modernos 
y por los buenos pucheros
¡La juventud con actitud!
Con ganas de comerse el mundo
Por el arte de cocinar,
¡Rico rico!
Con fundamento
Y lo más importante: 
¡con cariño y sentimiento!

Texto cedido amablemente por ROSS TORRALBA 
RETALES DE SUEÑOS (facebook)

Estas son as imaxes da nosa actividade: