Ola amigos: un curso máis sae a mochila viaxeira para as casas, con lecturas interesantes e divertidas para toda a familia. O día 24 de outubro viaxou para a casa de Alberto. Un mix de libros, revista e DVD, xunto cun caderno para cubrir unha enquisa e tamén facer un debuxo sobre o que máis nos gustou.
Neste curso botará unha quincena en cada fogar para que teñamos tempo para desfrutar dela.
Estas son algunhas das nosas opinións sobre a lectura:
Leo porque...
- Hai libros moi interesantes. (Tania, Daniela)
- Con práctica aprendes ben a ler. (Paula)
- Aprendes a non cometer faltas de ortografía. (Jorge)
- É interesante e o tempo pasa voando. ( Sabela G.)
- Aprendes moitas cousas. (Sara, Alejandro G, Antía)
- É divertido. (Alejandro G.T., Sofía, Noelia, Alex, Julián)
- Apréndese moito sobre a vida. (Nicolás)
- É unha estupenda maneira de pasar o tempo. (Alberto)
- Coñecerás moitas historias. (Sabela I.)
- Ler é navegar nun océano de coñecementos ( Mª José R.)
Mochileiros lectores
Alberto coa mochila viaxeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario