Etiquetas

lunes, 29 de diciembre de 2014

A ALEXANDER FLEMING TOCOULLE O MES DE ABRIL

Neste curso o proxecto para a biblioteca e o calendario foi sobre a primeira metade do século XX.
Nós eleximos como tema a medicina daquela época e como personaxe destacado ao Dr.Fleming, descubridor da penicilina e os antibióticos, que gran invento!!!
Fixemos un mural e os nosos compañeiros de 3º A prepararon un xarope de fresa feito a base de penicilina.
Os nosos traballiños foron para a páxina do calendario correspondente ao mes de abril, cunha frase que dixo Fleming: 

"Ás veces, un atopa un achado cando non o está buscando"

O noso traballo xa está metido na máquina do tempo...e no mes de abril!!!






Unha viaxe na nosa máquina do tempo?? 3...2...1...GO !!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario