Etiquetas

miércoles, 28 de enero de 2015

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA


O venres 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Toca aprender esta fermosa canción de Luis Pastor, adicada a Malala, a rapaza que gañou o Premio Nóbel da Paz no 2014.

Un neno, un mestre, un libro e un lapis...poden cambiar o mundo.

Malala soy











Que significa para ti a Paz?



          

A educación é a única solución.





Malala Yousafzai, unha loitadora de Nóbel. 

Esta é a historia dunha nena que naceu en Mingora, un pobo de Pakistán. A pequena, xunto cos  seus dous irmáns, quería ir ao colexio. Pero ela, ao estar prohibido o colexio para as nenas, por quen alí mandaba, non podía asistir.
 Con so trece anos, cando soubo escribir ben, comezou a dar discursos e defender ás mulleres da súa terra, pedindo o seu dereito á educación. 
  Pouco a pouco, Malala foi cada vez máis coñecida  na súa terra, Pakistán, e a sua fama como defensora da educación das nenas, traspasou as  fronteiras do seu país.
 Os que alí mandaban, considerábana xa como unha inimiga, pois cada vez eran máis as persoas que pensaban coma ela,  que a educación debía ser libre e igual tanto para os nenos coma para as nenas, e nun dos  recorridos do colexio á  súa casa, ó que asistía a pesar das ameazas, unhas personas enviadas por quen gobernaba o seu territorio, intentaron matala ao baixar do autobús disparando sobre ela.
    A xente que alí vivía, abraiada  ante o que lle fixeran á pobre nena, saiu á rúa protestar e condenar a os que intentaran acabar coa vida da nena, que tan so quería estudar.
  Por sorte Malala sobreviviu e, tras ser operada e trasladada a un hospital de Inglaterra, a pequena volveu ao colexio.
  Desde entón, a pequena Malala seguiu loitando porque se cumplan os dereitos dos nenos e, sobre todo, que nenas coma ela, tanto no seu país como en todo o mundo, reciban educación e poidan estudar sen medo a que lles ocorra nada malo.
  Agora, aparte de seguir cos seus estudos de secundaria, a xoven Malala é defensora do Dereito Universal das nenas á educación e gañou con iso o Premio Nóbel da Paz con tan so 17 anos.
 Seguro que despois de recibir este premio, estará aínda  máis animada a seguir loitando polos dereitos dos nenos, os nosos dereitos”.

                                        O seu soño é que tódolos nenos do mundo poidan ir á escola.











2 comentarios:

  1. MALALA!!!!!!!!Malala soi.Unha cancion estupenda e moi bonita.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Porque no pones tu nombre, sino no sabemos quien eres.

      Eliminar