Na semana do entroido decoramos a aula e o corredor con máscaras e volvemos a tunear o noso marabilloso castelo.
Trouxemos posto cada día perrucas, colares, mandís, e garabatas moi guapas.
O día grande, o venres 13 de febreiro tocou disfrazarnos de doutores e doutoras Fleming. Viñemos con fondo de roupa oscuro e vestimos chaqueta azul marino, camisa branca, paxariña vermella e gafas. Logo pasamos pola perruquería do Progreso para poñer o pelo branco.
Fixemos o desfile no pabillón por mor do mal tempo que fixo ese día, pero pasámolo pipa.
Tamén celebramos na aula o Día de S.Valentín cuns corazóns con vocabulario sobre as emocións.
Eu quería ó entroido
coma un irmán verdadeiro,
agora xa non o quero
que me chaman entroideiro!!
| Co XAROPE de PENICILINA |
| Happy Valentines´s Day |
| Agardando para o desfile |
| |
| Desfilando no pabillón. |
| Todos os Dr.Fleming xuntiños |
Que guapos
ResponderEliminarQue guapos iban!!!!!!!Dr.Fleming!!!!
ResponderEliminar