Ti reciclas? Onde botarías un cepillo de dentes que xa non serve?
Hoxe, despois deo recreo asistimos a unha charla sobre a reciclaxe, que viñeron impartir uns monitores de SOGAMA: Sociedade Galega de Medio Ambiente.
Aprendemos a separar os residúos e a que contedor botalos. O que máis nos gustou foi Mr.Iglú, para botar os envases de vidro.
Ao final, regaláronnos uns folletos para coñecer os distintos contedores, unha pulsera, un pequeno libro de actividades moi interesantes sobre a reciclaxe e un lapiceiro en forma de contedor amarelo.

Que chulos!!!!!!!!
ResponderEliminar