ORIXE DA FESTA
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:coma o Samaín, que significaba a fin do verán e a chegada do outono: a estación sombría.
O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.
A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
E curioso que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
FENÓMENO CULTURAL INTERNACIONAL
Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a Galicia.
É sen dúbida a festa de Hallowen o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta adiante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil.
No Hallowen, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e argallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo. Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante.
Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do Halloween, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO NOSO COLE
Para conmemorar esta festa enchemos os corredores dos edificios con cabazas decoradas, disfrazámonos e facemos degustación de postres terroríficos. Tamén aprendemos cousiñas sobre a orixe da festa e algún poema interesante:
MISS BRUXA
Para ser bruxa fermosa
debes cheirar sempre a allo,
ter a cara verdosa
e os pelos de estropallo.
Ser osuda e orelluda
e lucir no nariz
unha verruga peluda
longa coma unha lombriz.
Ter un único dente
e unha enorme chepa
falar con voz estridente
e viaxar en vasoira.
Se ademais de todo isto
vistes sempre de escuro
e vives en sitio cheirento
serás Miss Bruxa seguro.
Este é o noso álbum do Samaín
As nosas cabazas coa xefa vikinga...
Caveira comestible...
Tarta terrorífica
Biscoito de cabaza
Pastel de cabaza
Chocopastelazo
Boo!!!
Dedos para roer...
Biscuits!!
Pantasmas
Trick or treat!!! Sweets!!!
Chuches terroríficas!!
Disfraces que meten medo!!
No castelo encantado...
Samaín na aula...
Coa profe Noela e a pantasma da pizarra dixital
Coa profe Mª José BOO !!
Ata o próximo Samaín!!!
Vaia o noso agradecemento ás familias pola súa colaboración e sobre todo ás nais cociñeiras por preparar con tanto amor estes saborosos postres terroríficos...
Un aplauso para elas!!!
O día 31 participamos na Procesión das Caveiras, recorrendo o concello e realizando unha serie de actividades en torno a esta festa típica. Un Samaín que mete medo!!!!


¡Qué lujo! ¡Qué despliegue! ¡Qué bien lo pasáis en primaria!
ResponderEliminar